viernes, 25 de noviembre de 2011

visita ao Colexio San Roque



Hoxe os nen@s do coro foron de visita ao Colexio de San Roque . Como están cun proxecto sobre os bosques , interpretaron , entre outras , cancións infantís que falan de lobos e outros habitantes da fraga .

punto de lectura no patio

Estamos estreando un punto de lectura no patio . Funciona todos os mércores e xoves no tempo de recreo.
Un grupo de alumn@s voluntarios de 5º son son encargados e encargadas de sacar o patio os libros en dúas caixas incorporadas a uns carriños . Cada quen escolle a súa lectura e os voluntarios rexistran as visitas diarias e fan as reservas de libros ao alumnado que non remata e quere continuar coa mesma lectura.


jueves, 10 de noviembre de 2011

Viaxando polo curso 2011-2012



Puxemos a viaxar as mochilas, van cargadas de ilusións e boas lecturas, entre outras cousas. Agora toca disfrutalas.

jueves, 27 de octubre de 2011

Dia das Bibliotecas








Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas o pasado 24 de outubro sinalizamos con pegadas no chan o camiño a recorrer desde a entrada ata a biblioteca. Todos os alumnos do colexio, distribuidos en niveis, fixeron o percorrido para, unha vez dentro, dar lectura a unha letanía pregando pola importancia da lectura. A letanía foi elaborada coa colaboración de todas as aulas en días previos a esta celebración.





lunes, 13 de junio de 2011

Visita de infantil de San Roque

Os nenos e nenas da  EEI de San Roque estiveron na nosa Biblioteca e representaron un conto para os seus compañeiros de primeiro e cantaron unhas cancións populares .
Os intercambios nas Bibliotecas de ambos Centros, que este ano empezamos de maneira tímida, serán máis frecuentes no vindeiro curso.
Grazas pola vosa visita .


jueves, 19 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS. SALVANDO LIBROS
SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar  moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e algunhas das interesantes cousas que fai aqui
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
salvandogrande
1 5
3 2
.
4
.
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. 
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
.
.
 Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
.
.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura
.
 .
  ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:
Edit this page (if you have permission)–Published by Google Docs–Report Abuse–Updated automatically every 5 minutes

miércoles, 4 de mayo de 2011

Contos de tradición oral

Hoxe tivemos na biblioteca  a Maca, Loli,  Belén e Mar, un grupo de nais, que con moito cariño fixeron unha sesión de contacontos  para os máis pequenos, nenos de primeiro e segundo curso. Moitas grazas e volvede.....



viernes, 29 de abril de 2011

Ana María Matute, premio Cervantes

A escritora nun discurso fermoso e conmovedor reivindica os contos clásicos Fala da súa maxia , da maxia das palabras Había unha vez...
" por fin el cuento ha ingresado entre los géneros respetados de nuestra literatura ...Sobre la famosa crueldad de los cuentos de hadas , que por cierto no fueron escritos para niños (...) me estremece pensar saber que mutilan bajo pretextos inanes de correcciones políticas más o menos oportunas y que unas y que unas manos depredadoras imaginando, tal vez, que ser niño significa ser idiota, convierten verdaderas joyas literarias en relatos, no sólo mortalmente aburridos sino, además , necios. Y aún nos preguntamos por qué los niños leen poco?"

jueves, 28 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO

Hoxe, en colaboración co Colexio San Roque, para celebrar o Día do libro,  estivemos no incomparable marco do teatro Pastor Díaz da nosa localidade. Foi A xanela do maxín quen nos fixo
disfrutar cos seus títeres e as súas historias tan ben recreadas. 

                                               camiño do teatro










 
.....de volta nas aulas, os nenos escriben e debuxan...






lunes, 25 de abril de 2011

Achegamento a Lois Tobío

O día 15 de abril  fixemos un achegamento ao escritor que dá nome  ao  noso Colexio  , LOIS TOBÍO.  Participamos todos os nenos e nenas.  O mestre Carlos Nuevo falounos da súa vida e obra e despois, entre todos lemos un texto  que fala da Fonte de Area . A biblioteca, como anticipo das actividades programadas para o  Día do Libro,  preparou  un tríptico que  recolle  brevemente  unha reseña  do escritor  e que todos levamos a  nosa casa para compartir coa familia .






jueves, 14 de abril de 2011

Fábulas con Fátima

Fátima, de San Martiño de Lourenzá,  contounos dúas fábulas de Esopo e tamén un contiño de tradición popular. Todos os de quinto e sexto  xuntámonos na aula de Audiovisuais e estivemos moi entretidos.

Acompáñanos Suso Cubeiro

No marco das actividades de  ANIMACIÓN Á LECTURA , estivo no noso Colexio, cos alumnos de terceiro e cuarto, o ilustrador SUSO CUBEIRO . 
Fixo moitos debuxos  e tamén unha caricatura  de Lois Pereiro coa que nos agasallou ao remate da mañá,  deixándoa para a NOSA BIBLIOTECA .

domingo, 27 de marzo de 2011

O Museo dos contos

No primeiro trimestre creouse  o  MUSEO DOS CONTOS   cunha primeira publicación , en forma de libro xigante, no que se recrearon contos clásicos :
http://www.edu.xunta.es/centros/ceploistobio/category/55/165

O tren da poesía

As distintas clases  pasan pola Biblioteca para ler, copiar e ilustrar   poemas de distintos autores galegos e casteláns. Os seus traballos van enchendo os vagóns do tren que conduce Rosalía de Castro .
















                                                                                 

      






                                      

sábado, 12 de marzo de 2011

a mascota anima a ler

Biblioteca do Colexio Lois Tobío


Durante o mes de novembro fixemos unha exposición de pegatinas diseñadas por os nenos/as de todos os cursos. Estaban protagonizadas pola nosa mascota .
Elexíronse as seis que máis gustaron e imprimíronse en forma de pegatina . A cada neno regalouselle unha para colocar no seu libro preferido.















Leer para aprender



Os traballos publicadas  pódense ver  na Web do Colexio
http://www.edu.xunta.es/centros/ceploistobio/
leo para todos

______________________________________________
Visitas:


O día 16 de febreiro visitounos Abraham Carreiro .
Os nenos disfrutaron coa maxia dos seus debuxos .






Cartel para anunciar as actividades na Biblioteca no curso 2010/11


- Recordando a Labordeta
- Maratón de Lectura pola Paz
- Tardes de cine...
- Protocolo Social con Mar Castro
- Exposicións ,
- ...