miércoles, 12 de diciembre de 2012

o meu álbum de froitas

un álbum para cada aula ; froito do traballo documental que se fixo desde a biblioteca e o grupo do plan proxecta para o fomento dunha alimentación saudable

Guía de lecturas Nadal 2012

viernes, 23 de noviembre de 2012

Os dereitos da infancia



Non esquezas pasar pola biblioteca para saber máis dos dereitos da infancia

lunes, 19 de noviembre de 2012

formación de usuarios

Durante dúas semanas imos traballar en formación de usuarios. Todos os cursos terán unha sesión , hoxe xa empezamos con terceiro e cuarto . Divididos en equipos e seguindo as pistas e instrucións que se deron de antemán e por escrito , o alumnado recorreu a biblioteca. Ao feliz remata e logo de atopar cada personaxe , algunha sorpresa, recorrer os camiños da poesía, coñecer algún invento , etc... recibiron como premio catro sobres de cromos .
O premio é para ir completando un álbum no que estamos a traballar conxuntamente a biblioteca , os mestr@s incluidos no Plan proxecta e todos os titores que queren participar . É un álbum de froitas e froitos , actividade incluída no proxecto de fomento de alimentación saudable.

viernes, 26 de octubre de 2012

jueves, 5 de julio de 2012

lunes, 11 de junio de 2012

O coro , como remate xa da súa actividade por este curso , canta e dramatiza con títeres " A saia da Carolina " , completando así o traballo do 3º trimestre : GALICIA DE LENDA .

Aquí teses algunha imaxe.
cantando historias tradicionais on PhotoPeach

domingo, 10 de junio de 2012

Xa temos a guía de lecturas para o verán . É para que non deixes de ler , son suxerencias . Se non atopas nada ao teu gusto , busca ti mesmo outras cousas na librería , nas bibliotecas , na túa casa ou na dos amigos. Feliz verán.

jueves, 7 de junio de 2012


Tamén na nosa escola celebramos o día do ARTE . Colocamos a exposición " Pintando con Oliva" . Ao longo do curso , en actividades extraescolares , un grupo de alumn@s , xunto coa profe , fixeron estas marabillas que podedes ver , vertendo neses cadros moita creatividade e gusto estético. Felicidades a tod@s.

jueves, 10 de mayo de 2012

No segundo trimestre estivemos facendo varios traballos de poesía e , na formación de usuarios , creamos un xogo e aplicámolo nesta ocasión aos poetas, libros de poesías ,...

viernes, 4 de mayo de 2012

O noso punto de lectura cada día está máis bonito e nótase no número de visitantes , a pesar deste abril chuvioso . Felicidades!
No punto de lectura tamén o pasamos ben on PhotoPeach

No punto de lectura tamén o pasamos ben on PhotoPeach

MOCHILAS VIAXEIRAS

lunes, 30 de abril de 2012

No noso cole , coa participación de todas as aulas , fixemos unha LETANÍA .A proposta da biblioteca foi:
-Oofreceuse unha selección de documentos para traballar na aula esta singular estrutura poética.
- Despois pasouse, dentro do taller de escritura, a que cada grupo aportaría uns versos elaborados seguindo as consignas dadas.
- Estas consignas eran dúas :
- cada verso empeza por preposición ou contracción
- o rogo ou estribillo é :"ler e ler "
Xuntando todos os versos ( e eliminando moitos porque contiñan ideas moi similares) formamos a letanía que se transcribiu nun gran cartel e colocouse ao carón da mascota.
Nun acto simbólico , no que se recordou a importancia das bibliotecas e a lectura , os distintos grupos pasaron a coñecer e recitar a letanía resultante dun traballo en gran grupo e que supón unha pregaria a favor da lectura.
 Letanía






jueves, 26 de abril de 2012

De onte a hoxe ...lembrando o pasado : unha exposición para compartir os gustos lectores das nosas familias e contaxiar as ansias de lectura.
de onte a hoxe on PhotoPeach

Novamente visitounos Jacobo Fernández para falar do seu libro " Mil cousas poden pasar " I parte . é unha obra que suscita moito interés e o encontro co autor engade ilusión por continuar coa lectura da II parte.


Free Image Hosting at www.picturetrail.com

martes, 17 de abril de 2012

17 de abril de 2012


Unha visita interesante , emotiva e instrutiva . Todos os nen@s de 5º puideron saciar a súa curiosidade porque o autor de " El libro de Guillermo " contestou a todas e cada unha das preguntas que lle fixeron .
Carlo Frabetti foi quen nos acompañou hoxe na biblioteca .

lunes, 16 de abril de 2012

...de onte a hoxe. Lembrando o pasado.

Dende o martes 17 de Abril podedes visitar na biblioteca a exposición titulada "..de onte a hoxe. Lembrando o pasado". Son unha serie de murais nos que se recollen cales eran os libros preferidos dos nosos pais e nais cando tiñan a vosa idade. Merece a pena pasarse a visitala pois hai traballos estupendos, nótase que vos esforzástedes un montón en facelos. Graciñas.

viernes, 23 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo empapámonos de poesía nun maratón de lectura. Durante a mañá foron os nen@s os que pasaron pola biblio , agrupados por niveis . Os do primeiro ciclo leron poemas para rir, soñar, cantar, durmir,...; os do segundo , poemas da natureza ( animais, plantas, ríos , ...) e os do terceiro , poemas de autores de hoxe e de sempre. Pola tarde viñeron os pais , nais e novamente algúns alumn@s que quixeron repetir . Moitas grazas pola vosa participación .
Visit My Photos - 16 Pics
My Album

viernes, 9 de marzo de 2012

Animación

Unha nova xornada de animación á lectura :tivemos hoxe no Colexio moita risa, ritmos,historias ... para os nen@s de 2º . Visitáronos Patricia e Alex e disfrutamos cos sus contos.

domingo, 26 de febrero de 2012

SEMPRE ROSALÍA

Desde hai algúns cursos vimos celebrando ODÍA DE ROSALÍA. 
Pola mañá , ás 9:30 , xa temos funcionando o proxector .A medida que suben os nenos/as van pasando as imaxes da presentación que recorre a vida e obra de Rosalía . De fondo soan poemas musicados e interpretados por Amancio Prada e outros artistas . O alumnado permanece uns minutos na balaustrada que bordea os corredores e , ao remate da presentación, entra nas aulas .
Xa dentro das aulas , cada alumn@ recibe un libriño elaborado polo equipo da biblio, que consiste nunha recomplación da obra da autora, pequenos retazos da súa vida, a súa proxección máis aló do puramente literario , algún xogo poético e pasatempos baseados na comprensión dos textos escollidos para esta publicación .

miércoles, 1 de febrero de 2012

Día da Paz

Acto conxunto no patio :
lectura de poemas , construción do mural na parede do pavillón , ... entre outras cousas


animación lectora

Onte reunimos na biblioteca os alumn@s de 3º, 4º e 5º . Foi unha delicia estar con Inacio Vilariño , quen engaiolou aos nen@s e convidounos a disfrutar das lendas e contos populares.



jueves, 26 de enero de 2012

Apadriñamento de lectores

Acompañando aos alumnos /as de cuarto estiveron os padriños e madriñas do club de lectura do I.E.S. Vilar Ponte . Leron relatos curtos de Castelao . Foi unha boa experiencia , que agardamos se repita.

martes, 24 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

O próximo luns imos celebrar O día da PAZ .Hai varias actividades programadas polos distintos mestres e equipos : 

  • Un libro dixital , no que cada aula aporta traballos de diversa índole ( murais, poemas , contos , ilustracións ... ) 
  • Un mural dixital
  • Un marcapáxinas
  • .Un acto conxunto no exterior do Colexio , para colocar dúas pombas de madeira que se alzarán pola parede do pavillón e quedarán como símbolo permanente das mensaxes de paz que os nenos /as transmitirán a través das súas lecturas de poemas , frases , contos e , para rematar todos cantaremos Let it be , recordando aos Beatles. Esta é a temática do noso marcapáxinas.