jueves, 26 de enero de 2012

Apadriñamento de lectores

Acompañando aos alumnos /as de cuarto estiveron os padriños e madriñas do club de lectura do I.E.S. Vilar Ponte . Leron relatos curtos de Castelao . Foi unha boa experiencia , que agardamos se repita.

martes, 24 de enero de 2012

DÍA DA PAZ

O próximo luns imos celebrar O día da PAZ .Hai varias actividades programadas polos distintos mestres e equipos : 

  • Un libro dixital , no que cada aula aporta traballos de diversa índole ( murais, poemas , contos , ilustracións ... ) 
  • Un mural dixital
  • Un marcapáxinas
  • .Un acto conxunto no exterior do Colexio , para colocar dúas pombas de madeira que se alzarán pola parede do pavillón e quedarán como símbolo permanente das mensaxes de paz que os nenos /as transmitirán a través das súas lecturas de poemas , frases , contos e , para rematar todos cantaremos Let it be , recordando aos Beatles. Esta é a temática do noso marcapáxinas.