domingo, 26 de febrero de 2012

SEMPRE ROSALÍA

Desde hai algúns cursos vimos celebrando ODÍA DE ROSALÍA. 
Pola mañá , ás 9:30 , xa temos funcionando o proxector .A medida que suben os nenos/as van pasando as imaxes da presentación que recorre a vida e obra de Rosalía . De fondo soan poemas musicados e interpretados por Amancio Prada e outros artistas . O alumnado permanece uns minutos na balaustrada que bordea os corredores e , ao remate da presentación, entra nas aulas .
Xa dentro das aulas , cada alumn@ recibe un libriño elaborado polo equipo da biblio, que consiste nunha recomplación da obra da autora, pequenos retazos da súa vida, a súa proxección máis aló do puramente literario , algún xogo poético e pasatempos baseados na comprensión dos textos escollidos para esta publicación .

miércoles, 1 de febrero de 2012

Día da Paz

Acto conxunto no patio :
lectura de poemas , construción do mural na parede do pavillón , ... entre outras cousas


animación lectora

Onte reunimos na biblioteca os alumn@s de 3º, 4º e 5º . Foi unha delicia estar con Inacio Vilariño , quen engaiolou aos nen@s e convidounos a disfrutar das lendas e contos populares.