lunes, 30 de abril de 2012

No noso cole , coa participación de todas as aulas , fixemos unha LETANÍA .A proposta da biblioteca foi:
-Oofreceuse unha selección de documentos para traballar na aula esta singular estrutura poética.
- Despois pasouse, dentro do taller de escritura, a que cada grupo aportaría uns versos elaborados seguindo as consignas dadas.
- Estas consignas eran dúas :
- cada verso empeza por preposición ou contracción
- o rogo ou estribillo é :"ler e ler "
Xuntando todos os versos ( e eliminando moitos porque contiñan ideas moi similares) formamos a letanía que se transcribiu nun gran cartel e colocouse ao carón da mascota.
Nun acto simbólico , no que se recordou a importancia das bibliotecas e a lectura , os distintos grupos pasaron a coñecer e recitar a letanía resultante dun traballo en gran grupo e que supón unha pregaria a favor da lectura.
 Letanía






jueves, 26 de abril de 2012

De onte a hoxe ...lembrando o pasado : unha exposición para compartir os gustos lectores das nosas familias e contaxiar as ansias de lectura.
de onte a hoxe on PhotoPeach

Novamente visitounos Jacobo Fernández para falar do seu libro " Mil cousas poden pasar " I parte . é unha obra que suscita moito interés e o encontro co autor engade ilusión por continuar coa lectura da II parte.


Free Image Hosting at www.picturetrail.com

martes, 17 de abril de 2012

17 de abril de 2012


Unha visita interesante , emotiva e instrutiva . Todos os nen@s de 5º puideron saciar a súa curiosidade porque o autor de " El libro de Guillermo " contestou a todas e cada unha das preguntas que lle fixeron .
Carlo Frabetti foi quen nos acompañou hoxe na biblioteca .

lunes, 16 de abril de 2012

...de onte a hoxe. Lembrando o pasado.

Dende o martes 17 de Abril podedes visitar na biblioteca a exposición titulada "..de onte a hoxe. Lembrando o pasado". Son unha serie de murais nos que se recollen cales eran os libros preferidos dos nosos pais e nais cando tiñan a vosa idade. Merece a pena pasarse a visitala pois hai traballos estupendos, nótase que vos esforzástedes un montón en facelos. Graciñas.