lunes, 16 de abril de 2012

...de onte a hoxe. Lembrando o pasado.

Dende o martes 17 de Abril podedes visitar na biblioteca a exposición titulada "..de onte a hoxe. Lembrando o pasado". Son unha serie de murais nos que se recollen cales eran os libros preferidos dos nosos pais e nais cando tiñan a vosa idade. Merece a pena pasarse a visitala pois hai traballos estupendos, nótase que vos esforzástedes un montón en facelos. Graciñas.