lunes, 30 de abril de 2012

No noso cole , coa participación de todas as aulas , fixemos unha LETANÍA .A proposta da biblioteca foi:
-Oofreceuse unha selección de documentos para traballar na aula esta singular estrutura poética.
- Despois pasouse, dentro do taller de escritura, a que cada grupo aportaría uns versos elaborados seguindo as consignas dadas.
- Estas consignas eran dúas :
- cada verso empeza por preposición ou contracción
- o rogo ou estribillo é :"ler e ler "
Xuntando todos os versos ( e eliminando moitos porque contiñan ideas moi similares) formamos a letanía que se transcribiu nun gran cartel e colocouse ao carón da mascota.
Nun acto simbólico , no que se recordou a importancia das bibliotecas e a lectura , os distintos grupos pasaron a coñecer e recitar a letanía resultante dun traballo en gran grupo e que supón unha pregaria a favor da lectura.
 Letanía