lunes, 19 de noviembre de 2012

formación de usuarios

Durante dúas semanas imos traballar en formación de usuarios. Todos os cursos terán unha sesión , hoxe xa empezamos con terceiro e cuarto . Divididos en equipos e seguindo as pistas e instrucións que se deron de antemán e por escrito , o alumnado recorreu a biblioteca. Ao feliz remata e logo de atopar cada personaxe , algunha sorpresa, recorrer os camiños da poesía, coñecer algún invento , etc... recibiron como premio catro sobres de cromos .
O premio é para ir completando un álbum no que estamos a traballar conxuntamente a biblioteca , os mestr@s incluidos no Plan proxecta e todos os titores que queren participar . É un álbum de froitas e froitos , actividade incluída no proxecto de fomento de alimentación saudable.