martes, 26 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA

A semana pasada , traballamos sobre Rosalía . As aulas ABALAR fixeron gravacións , recitados e outros traballos con poemas desta autora . A todas as titorías lles chegou unha selección de textos de CANTARES GALLEGOS para a HORA DE LER e un marcapáxinas para colorear e recortar nesta conmemoración. Como remate desta actividade o luns tocoulle a Rosalía presidir o noso punto de lectura no patio . Estivo presente a través dun mural grande e algunhas das súas obras que estaban expostas no mostrador de lecturas . Todos os nen@s do cole foron invitados a vir no recreo a ler ou recitar un poema en voz alta . De maneira totalmente voluntaria achegáronse moitos e algúns/ as profes . Estamos montando unha mostra - recompilación deses traballos que axiña mostraremos.

miércoles, 20 de febrero de 2013



A TROPA DE TRAPO
Estiveron co alumnado do 2º ciclo nunha xornada de animación á lectura que resultou preciosa .

martes, 19 de febrero de 2013

Día de Rosalía


Nesta semana e , con motivo da celebración do día de Rosalía , adicamos a HORA DE LER á súa obra e este ano, en especial, a Cantares Gallegos .
Como actividade conxunta faremos unha lectura en voz alta desta escolma poética o día 25 e agasallamos a todos os paticipantes cun marcapáxinas que eles mesmos pintarán e recortarán .

martes, 5 de febrero de 2013

DÍA DA PAZ 2013



Textos recompilados pola biblioteca e que formaron parte das lecturas do día 30 de xaneiro na celebración conxunta de toda a comunidade educativa . Tamén houbo música, danza e colocouse un gran mural na parede do pavillón .