jueves, 27 de febrero de 2014

Arte na escola

Rematouse a colocación de traballos que sobre Arte na escola se levaron a cabo por parte de todas as titorías . Cada aula traballou un autor , galego ou non , clásico ou contemporáneo . Elexiron dúas obras e reproducíronas artísticamente , empregando diversas técnicas : hai debuxo, collage, acuarela, etc. Foi un achegamento á pintura de todos os tempos.

martes, 25 de febrero de 2014

Acuicultura na biblioteca

As leccións do mar chegan á biblioteca da man dos pais duns alumn@s que amablemente compartiron unha interesante charla con toda a comunidade.
En plena semana do peixe , contamos cun montón de actividades , entre outras esta presentación incluída no Proxecto interdisciplinar do presente curso.
Aprendemos sobre acuicultura on PhotoPeach

jueves, 20 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA

O alumnado de 3º ciclo preparou unha breve biografía da escritora e ilustrouna , a modo de conto, para ler co kamishibai . Durante a mañá do luns os diferentes grupos de 5º e 6º van ás aulas de primeiro e segundo ciclos para compartir este traballo e recordar á ilustre poetisa.

miércoles, 19 de febrero de 2014

TARDES DE CINE NA BIBLIOTECA

Unha actividade en horario extrescolar que reuniu na tarde de hoxe a un bo número de nen@s ." Pinocho 3000"

lunes, 17 de febrero de 2014

Xorna- saúde

Para traballar a prensa na escola os alumn@s de 5º e 6º adican unha sesión semanal da HL a comentar noticias , recollidas nos xornais ao largo da semana.Enlazando co proxecto interdisciplinar do presente curso de coidado do corpo e o medio ,o alumnado de 3º ciclo recolle e selecciona novas que falan de saúde e boas prácticas no entorno . Trabállanse e coméntanse nas aulas e despois compártense no panel adicado á prensa. O panel vaise renovando semana a semana.

viernes, 14 de febrero de 2014

Fomento do coleccionismo


No presente curso elaboramos o álbum dos froitos do mar e da horta , que da continuidade ao do curso pasado : O meu álbum de froitas .
Para conseguir completalo , faremos un caza-tesouros na biblioteca .

lunes, 10 de febrero de 2014

A importancia da alimentación

Hoxe a biblioteca acolleu unha charla sobre alimentación , incluida nas actividades do Plan Proxecta.
O alumnado de 5º preparou un power point que recolle gran parte das actividades arredor deste tema que se levaron a cabo nos últimos cursos . Serviu de introdución e presentación ao doutor Hugo Bernardo , que forma parte da nosa comunidade educativa, e que amablemente compartiu con nós esta tarde para guiarnos sobre hábitos adecuados e a forma de adquirilos desde a infancia. Asistiron de forma voluntaria os pais/nais, alumnado e mestres .

viernes, 7 de febrero de 2014

Mira cantas meninas

Aínda estamos rematando a exposición de pintura sobre a que se traballou no primeiro trimestre . Esta é unha pequena mostra :

I SEMANA DE FROITA NA ESCOLA

Dentro do Proxecto interdisciplinar que estamos levando a cabo no presente curso :
" Prácticas saudables : coido o corpo e o medio " , estivemos a traballar sobre o consumo da froita durante todo o mes e desde as distintas áreas . O terceiro ciclo preparou carteis de reparto de froita , fichas de Lingua e Matemáticas , pegatinas para o álbum deste curso , etc. Logo fixeron unha presentación e convidaron aos máis pequenos ( segundo e primeiro ciclo) a visitalos nas distintas aulas para facelos partícipes das súas aprendizaxes.