jueves, 27 de marzo de 2014

Día da árbore

Esperiencias fóra da aula que se complementan despois nela , coa búsqueda de información , reflexión e reelaboración .
Este traballo foi compartido co resto do alumnado do centro , que logo saíron ao patio a identificar árbores e colocarlles un cartel co seu nome en galego , castelán e algúns en inglés . Tamén os carteis están feitos polos nen@s coas imaxes que eles mesmos buscaron no entorno máis inmediato : o patio.
Toda a actividade se complementou con plantacións de árbores e a lectura dun libro " O tesouro das Terras do Miño .
Colaboraron coas donaciones de árbores e libros a Diputación e o Distrito Forestal de Viveiro.

viernes, 21 de marzo de 2014

Caza tesouros na biblioteca


Co alumnado de terceiro deron comezo as sesións de formación de usuarios programadas para este trimestre.

miércoles, 19 de marzo de 2014

Inacio Vilariño visita a biblioteca

Os nenos e nenas de segundo ciclo disfrutaron hoxe na biblioteca das contadas de Inacio Vilariño.
Non desperdiciaron nin un minuto , prestaron moita atención e pasárono moi ben .
Inacio Vilariño na biblioteca on PhotoPeach

martes, 11 de marzo de 2014

Alfredo Gómez Cerdá na biblioteca

Hoxe na biblioteca o alumnado de 6º tivo a oportunidade de encontrarse con Alfredo Gómez Cerdá . Veu falar da súa obra MATEO Y EL SACO SIN FONDO , este título formou parte dos Itinerarios lectores do presente curso .
Sen dúbida toda unha lección que recibiron os alumn@s , logo do pracer de ler un libro tan bonito.

lunes, 10 de marzo de 2014

Anxo Moure visita a biblioteca

Na mañá de hoxe estivo con nós Anxo Moure . Aquí se encontrou cos nenos e nenas do primeiro ciclo . Veu co seu batuxo e outros aparellos ; tamén o acompañaba a xacia Luviñas , a das cariciñas.
Foi unha delicia escoitar a historia do barqueiro e a xacia que a natureza sempre quixeron respectar e conseguiron atopar a PAZ.
Moitas grazas, Anxo . Aquí quedan algunhas imaxes para o recordo.