viernes, 25 de abril de 2014

Remate das sesións de caza- tesouros

Rematan as sesións de caza- tesouros e as aulas van completando o seu álbum de froitos do mar e da terra . O alumnado encargouse da búsqueda de imaxes e información para confeccionar o álbum ; así como de deseñar unhas pegatinas como contraportada.
Agora toca disfrutalo na aula.

Día do libro

martes, 22 de abril de 2014

DÍA do LIBRO

Chega o 23 de abril e temos cita na Biblioteca , un maratón de lectura que no presente curso adicamos a Platero y yo, para conmemorar o centenario da súa publicación . Durante a mañá , todos os  grupos e aulas pasan pola biblioteca e logo, pola tarde, a lectura continúa de forma aberta a toda a comunidade educativa. 

viernes, 4 de abril de 2014

VISITA A REGALXUNQUEIRA

Oalumnado de 5º visitou hoxe , ao pé da casa , o complexo museístico de Regalxunqueira .
Moitas grazas pola invitación e polo trato recibido en todo momento . O itinerario polo complexo é un complemento de inestimable valor para o alumnado .
Os xoguetes dos nosos avós é o título dunha das exposicións visitadas hoxe . Unha ollada ás infancias pasadas , admiración e sorpresa na mirada dos nen@s e nostalxia nas profes . 
Despois de percorrer os diferentes espazos museísticos , no obradoiro de Otero Regal tiveron oportunidade de elaborar unhas pezas de cerámica . Experiencia sumamente enriquecedora e formativa.


miércoles, 2 de abril de 2014

A vella a fiar

Retahila cantada e ilustrada. Para poñer en práctica a memoria , a creatividade, o ritmo , .... Para disfrutar coa literatura !
Neste día do Libro infantil e xuvenil

Outras moitas retahílas , cancións de corro , de combas , etc ...van soar na vindeira semana , na que está previsto celebrar a VI edición dos xogos populares no cole .
Os xogos xa están preparados.