viernes, 28 de noviembre de 2014

Moitos traballos no mes da Ciencia

Todas as aulas fixeron os seus traballos de investigación .Os de 1º e 2º , ademais de coñecer a dous dos grandes científicos : Xosé Rodríguez e Newton , investigaron sobre o mundo animal . Elaboraron moitos murais sobre diferentes especies e a súa evolución .

Investigación científica



Tamén o alumnado do 2º ciclo elaborou diferentes murais sobre inventos . Son sinxelos , pero colaboraron e colaboran moi directamente con nós na escola , axudándonos a desenvolver as nosa tarefas diarias.

jueves, 27 de noviembre de 2014

Máis ciencia

Os alumn@s de 4º , entusiasmados co seu experimento, visitaron as diferentes aulas do Colexio para presentar o seu traballo
Tamén o alumnado de 5º compartiu o seu experimento

viernes, 21 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

A biblioteca e EDL , de forma conxunta , diseñamos unha proposta de actividades para as diversas aulas e para traballar durante este mes .
Todos os niveis fan un breve estudo sobre os científicos homenaxedos este ano : Newton e o galego Xosé Rodríguez . Ademais , os de 1º ciclo , adícanse a observación da evolución de diferentes especies animais ; os do 2º ciclo , traballan sobre os inventos e os do terceiro, resolven enigmas matemáticos . E todos levamos a cabo sinxelos experimentos nas aulas que resultan moi gratificantes e espertan gran entusiasmo e curiosidade entre o alumnado. Para facilitar materiais , a biblioteca expón moitos dos seus fondos con temática científica.
Empezan a surxir algunhas imaxes dos experimentos .


Intercambio de experiencias

O Coro do Colexio , unha forma de disfrutar da literatura, da música e das tradicións .
O noso coro disfrutou hoxe dun público moi especial : os nenos e nenas do San Roque . Compartiron un tempo de xogos , música, historias e tradicións.

Aulas abertas- experiencias compartidas

Nas aulas de 6º elaborouse unha presentación para difundir entre os máis pequeniños os coñecementos que sobre reciclaxe e coidados do Medio foron aprendendo eles . Logo , invitouse a que viñeran os compañeir@s de 1º e 2º ás nosas aulas para vela . Pensamos que así , ademais do traballo documental que esixe a elaboración , fomentamos tamén a expresión e comunicación oral.

jueves, 20 de noviembre de 2014

Protexéndonos

Recentemente , membros da policía Nacional visitaron o noso Colexio para explicar ao alumnado como mellorar a navegación na rede , como ser efectivos sen correr riscos e como protexer a nosa identidade . Moitas grazas .

miércoles, 12 de noviembre de 2014

Matemáticas na Biblioteca


AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

O Centro Dramático Galego ofreceu esta mañá en Viveiro un espectáculo de calidade óptima que gustou moito ao alumnado e profesorado . Magníficos actores e actrices, posta en escena excelente ; un tempo para aprender disfrutando .

martes, 11 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS

Entre as tradicións do Outono , celebramos dúas de maneira especial : o Samaín e o Magosto . Propostas e organizadas polo equipo de EDL , contan con diversas actividades festivas . Pequenas mostras da festa :



ANIMANDO O MAGOSTO 2014 from Bibliolois on Vimeo.


martes, 4 de noviembre de 2014

MES DA CIENCIA EN GALEGO

MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO
Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí
cando algún se faga moi rico cos seus achados”.
A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao
contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran
sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba
de todo.
Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O
seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran
ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que
se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar.
Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un
salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si
que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante.
E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número
de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu
traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos.
E é preciso cambiar esta situación. A investigación é o motor do desenvolvemento e
da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo
talento do exterior.
Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa
cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo.
Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante,
pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que
aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente
valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o
mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser
máis libres.
E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”,
escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo
voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave
da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a
garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran
dedicarse a ela.
Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia