sábado, 20 de diciembre de 2014

A cabalgata

La Voz de Galicia recolle un momento do paso da cabalgata escolar polas rúas .

viernes, 19 de diciembre de 2014

Remate das actividades de Nadal

Hoxe tivo lugar a cabalgata de Papá Noel . A comitiva acompañouno desde o porto ata o cole con carrilanas , xogos populares e música tradicional .
Xa no patio , panxoliñas e danzas .
Como remate , o Pregón , o reparto de calendarios elaborados no Colexio para agasallar a todas as familias e un bocadillo de pan con chocolate .Unha mañá moi competencial .
Grazas a tod@s os que colaboraron con esta iniciativa : mestres, ANPA , Concello de Viveiro , Policía local , pais /nais e alumnado .
Nadal no cole e na rúa on PhotoPeach

Nadal no cole e na rúa on PhotoPeach

Nadal na rúa e no cole on PhotoPeach

Nadal na rúa e no cole on PhotoPeach

martes, 16 de diciembre de 2014

NADAL SOLIDARIO

Un mercado solidario lévase a cabo no centro Geriatros aquí en Viveiro . O noso Colexio colabora con esta magnífica iniciativa donando :
- produtos do noso horto : leitugas, remolacha, cebolas, aromáticas ,...
- libros de expurgo da biblioteca
- xoguetes tradicionais : pións e bailarotas
- calendarios escolares
- debuxos do alumnado
Ademais participa animando o mercado con grupos de música e danza . O alumnado de 6º interpreta varias pezas de música popular e algunhas panxoliñas e os nen@s de 2º fan tres danzas : muiñeira de Lugo, pandeirada de Rao e Vals do gaiteiro .

lunes, 15 de diciembre de 2014

CALENDARIO 2015


Nesta tarde de finais de trimestre, unha boa parte da comunidade educativa reuniuse na Biblioteca do centro , onde tivo lugar a presentación do calendario do vindeiro ano . O alumnado de 6º , coa colaboración de todo o profesorado , elaborou un calendario que percorre o curso do ano , enchendo os meses de contidos etnográficos e tradicionais . Foi un traballo documental que levaron a cabo aproveitando as actuais tecnoloxías da comunicación . Esta tarefa constitúe unha actividade integrada , que potencia de forma evidente o desenvolvemento de diferentes competencias , fundamentalmente a de aprender a aprender e a dixital . Os nen@s esta tarde fixeron ademais unha importante actividade de expresión e comunicación oral ; axudados dunha presentación foron explicando a composición e formato do calendario , introducindo interpretacións musicais e rematando cun pregón , no que se invita a celebrar en familia esta festa.


Escoitade o pregón :

viernes, 12 de diciembre de 2014

Entrega de premios

As actividades programadas para este Nadal seguen a desenvolverse día a día . A entrega de premios para os gañadores do concurso de postais deixou algunhas imaxes para o recordo . Todos están moi content@s co agasallo recibido , que , como non podía ser doutra maneira , consistiu nun libro.






martes, 2 de diciembre de 2014

Moitas actividades polo Nadal

Entra o mes de Nadal e un amplo programa de actividades está preparado para celebrar este remate do primeiro trimestre . Desde a aula de Relixión xa está montada a exposición de postais e o concurso , no que resultaron premiados 21 alumn@s , un de cada aula e un premio extraordinario por nivel . Os agasallos ( xentileza da editorial Santillana ) son libros , un formidable material para empregar o tempo de ocio nas próximas vacacións . Noraboa por participar.