viernes, 18 de diciembre de 2015

FIN DO TRIMESTRE

Esta mañá remataron os actos de Nadal na escola , foron moitos e moi diversos : exposición e concurso de postais e outros murais, colocación dos beléns e dos reis magos nos dous edificios , IV San Silvestre , coa participación de pais/ nais , alumnos/as e mestres/as, presentación do calendario da Historia de Viveiro , participación no mercadiño de Geriatros e , por último, cabalgata de Papá Nöel Hoxe, a cabalgata de Papá Nöel partiu dos xardíns Noriega Varela para chegar ao noso centro , a través da Ponte da Misericordia .Ademais da participación de toda a comunidade , contamos coa colaboración do Concello e da Policía municipal. Grazas a todos . Na comitiva había carrilanas, músicos, malabaristas , zancos, cordas , cánticos ,...e ata un carriño , cargado de ilusións e transportado polos participantes máis pequenos .Pechando o desfile , apareceu Papá Nöel , montado sobre un burro ( facendo un guiño a unha especie en perigo de extinción ) . Unha parte do alumnado esperaba no Colexio para recibir a esta comitiva cantando panxoliñas e lendo o Pregón . Despois, Papá Nóel tivo ocasión de falar cos nenos e nenas , agasallándoos cun bocadillo de chocolate e o noso calendario .

NADAL ESCOLAR

Seguindo cos actos programados para esta semana de Nadal na escola , participamos no Mercadiño solidario en Geriatros . Trátase dunha iniciativa para recaudar fondos para o banco de alimentos . Ademais de facer algunhas donacións , o noso colexio actuou para crear ambientación , interpretando varias pezas de música nas que profesorado e alumnado tocaba, bailaban e cantaban . A modo de exemplo , un pequeno video
Mercadiño solidario 2015 - Geriatros from Bibliolois on Vimeo.
Imaxes para o recordo :

miércoles, 16 de diciembre de 2015

PRESENTACIÓN DO CALENDARIO

O calendario elaborado nas aulas de 5º e 6º foi presentado onte pola tarde na Biblioteca. Asistiron pais, nais, mestres e o propio alumnado que deu lectura aos textos que eles elaboraron , ao mesmo tempo que explicaron como fixeron as ilustracións . Para rematar , os alumnos e alumnas de 6º leron o pregón que abre O Nadal escolar do presente curso.

lunes, 14 de diciembre de 2015

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

O concurso de postais de Nadal está presente en todos os corredores do colexio . Os nenos e nenas fixeron un gran esforzo para plasmar graficamente a súa idea do que representan estas datas e moitos foron os agasallados . Houbo un premio por aula e un especial para cada nivel ; pero non esquezamos que o máis importante é participar e disfrutar aprendendo . Noraboa a todos/as.


AS NOSAS GUÍAS DE LECTURA PARA NADAL


As nosas guías levan unha breve reseña do desaparecido Neira Vilas . É unha maneira de espallar entre as familias o recordo dun escritor entrañable .








/L4susVv3xoiLWCep27IWUS9FgWcxdq0VABWSsBj3oPco










viernes, 11 de diciembre de 2015

CALENDARIO

Chega Nadal e son moitas as actividades que se suceden ao longo deste mes . Unha moi completa é a elaboración do calendario para o vindeiro ano . Supón un esforzo de búsqueda, síntese, elaboración e organización . Feito polo alumnado de 5º e 6º , será presentado á comunidade educativa o vindeiro martes na biblioteca.

viernes, 4 de diciembre de 2015

O coro no Colexio San Roque



Neste Nadal o coro estivo compartindo unha mini xornada escolar co alumnado do Colexio San Roque . Un tempo de literatura, música, tradición , danzas , xogos rítmicos ...
Ao regreso , os nenos e nenas repuxeron enerxía cuns churros e un chocolate , ofrecido por unha mamá .

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Actividades artísticas


Comezamos o mes de Nadal e con el moitas actividades complementarias e extraescolares .O coro do Colexio estivo en Betania o pasado sábado para cantar, interpretar , dramatizar ,.... Esta formación renóvase cada curso , pois en xuño despedimos ao alumnado de 6º e en outubro damos a benvida aos alumnos e alumnas de 3º que se incorporan voluntariamente a el. O seu traballo prepárano en horario extraescolar todos os luns pola tarde e algún sábado pola mañá. Un colectivo que , ademais de disfrutar e aprender música, aprende sobre colaboración, traballo en equipo, disciplina, compromiso, solidariedade, autocontrol, organización ..., entre outros valores.
Por outra banda, coñece as tradicións do noso pobo, a música popular,diferentes tipos de instrumentos, pequenas danzas, etc . Un mundo intimamente ligado á literatura e á lectura.






Para ver as fotos PINCHA

Outras actividades artísticas fixéronse nas aulas de 6º , interpretando " El grito"

viernes, 27 de noviembre de 2015

A ciencia, o mar e a aprendizaxe



No marco das actividades que desenvolve a asociación A Mariña- Ortegal , destinadas a coñecer máis e mellor o mundo do mar e outros aspectos relacionados coa vida marítima , o alumnado de 4º visitou o museo do mar na localidade veciña de San Cibrao .
Despois montaron no colexio unha exposición de cunchas , coas que aprenderon sobre formas, tamaños, colores e outros matices que diferencian a cuncha de distintos animais mariños . Observación científica, clasificación e aprendizaxe que van da man neste traballo de praia.

Clasifico cunchas on PhotoPeach

lunes, 23 de noviembre de 2015

A túa banda vai ao cole

O pasado venres transformamos o espazo da biblioteca en salón de actos ( como outras moitas veces) e nel recibimos a un grupo de músicos da banda municipal de Viveiro que nos fixeron unha sesión moi amena na que mostraron diferentes instrumentos , distintos sons, formas variadas de facelos sonar e interpretaron bonitas melodías . Ademais a maioría deles foron antigos alumnos deste Colexio , o que supuxo un pracer aínda máis grande . Noraboa polo traballo .



para ver fotos aquí

miércoles, 4 de noviembre de 2015

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Nada mellor para empezar o mes que un manifesto do científico Jorge Mira . 
Aparece recollido no blog das Bibliotecas escolares de Galicia :


 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/



 

 Para un humano primitivo, un cadro de Picasso só sería un trapo,
untado con graxas de cores, e un libro de Rosalía de Castro, un montón
de papeis con manchas negras. Para nós iso xa non é así, por mor da
educación que recibimos, que nos fai posible percibir beleza nesas obras.
O universo tamén posúe, nas leis que o gobernan, unha beleza
extraordinaria. Pero non é doado percibila: vai agromando ao longo
da historia, grazas ao traballo de brillantes heroes e, ademais, está
agochada para aquela persoa non formada cientificamente.
O descubrimento desa beleza foi un feito clave na vida das persoas
que máis tarde decidiron traballar na ciencia. Marabilláronse con
ela e comprenderon que tanto descubrila como crear con base nela
son o meirande reto intelectual e unha fonte de pracer diferente.
Afortunadamente, con ese proceso de descubrimento e creación
melloraron as nosas condicións de vida. Un dos signos máis evidentes do
avance humano é o seu progreso científico e tecnolóxico.
Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre
a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza
a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os
que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces
transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo
de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade
de persoas.
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel
fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de
historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de
persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente
a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en
Galicia.
Prezadas bibliotecas públicas e bibliotecas escolares de Galicia: grazas
por vos converterdes nas prazas públicas nas que isto se fará posible ao
longo do mes de novembro.
Texto do científico Jorge Mira Pérez
con motivo da celebración do Mes da Ciencia

lunes, 26 de octubre de 2015

Día das bibliotecas

Para esta conmemoración , os nenos e nenas de 5º e 6º prepararon un fermoso conto que fala precisamente de libros, lectura , escritores e bibliotecas . Eles fan unha versión resumida, ilustrada e traducida do orixinal " Los libros voladores de Morris Lessmore " . Vanse encargar de narrala, con axuda dunha presentación ,a todos os compañeiros e compañeiras de 1º, 2º, 3º e 4º.


Os libros voadores do señor Paco from bibliolois

Imaxes e voz  do conto narrado polos diferentes grupos de 5º e 6º a todas as demais titorías do Centro . 


Tamén se fixeron marcapáxinas alusivos a esta historia




jueves, 1 de octubre de 2015

As mochilas do curso 2015-2016

Xa están preparadas , cargadiñas de saberes e lecturas . Disfrutádeas !
A vindeira semana empezan a circular .

martes, 29 de septiembre de 2015

Base de exploracións

Ilustración de Fran Bueno para o lema escollido neste curso pola asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia .

viernes, 5 de junio de 2015

Educación viaria

Despois dunha charla informativa , impartida no Colexio pola representante da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo , os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron unhas interesantes prácticas no circuíto que temos no patio . Alí non só se desenvolven competencias sociais e cidadás , senon que ademais se aprende a convivir, colaborar , respectar turnos, normas , etc.


jueves, 4 de junio de 2015

Contos a ritmo de rap

Despois de representar a obra : " A verdadeira historia de Carapuchiña" , que nos conta unha versión ben diferente da clásica nena que ía polo bosque a visitar á avoa ; o alumnado de 6º , guiado polo mestre de Música , cantaron a ritmo de rap un resumo versificado sobre a temática.
Por outra banda, ilustraron a canción e quedou así de bonita:

viernes, 29 de mayo de 2015

Encontro con An Alfaya




Hoxe o alumnado de 6º encontrouse coa autora de " O recendo das clementinas " , An Alfaya . De novo , un gustazo recibila neste centro.

jueves, 28 de mayo de 2015

Festival das Letras Galegas

Organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística , tivo lugar esta semana o xa tradicional Festival das Nosas Letras .Desenvolveuse no incomparable marco do teatro Pastor Díaz e contou cun variado programa de actividades que , por ser extenso , fíxose en tres sesións . Participaron todas as aulas do Centro e foron moitos os pais/nais e outros familiares os que nos acompañaron . Das presentacións encargouse Carlos Nuevo , mestre do centro e cronista oficial , el foi enmarcando cada un / unha dos autores /as e as obras interpretadas.


Festival Letras galegas I parte on PhotoPeach

Festival Letras Galegas II parte on PhotoPeach

Festival Letras Galegas III parte on PhotoPeach

lunes, 25 de mayo de 2015

Participación no III Festival de Voces Xóvenes de Foz


O coro do Colexio participou no III Festival de Xóvenes voces do Concello de Foz . Unha vez máis , o alumnado participa e colabora en actos culturais , fóra do centro .
Literatura e música que , como moitas outras veces ,van da man .




Antes de cantar , tiveron tempo de xogar un pouquiño e despois da súa interpretación foron convidados a unha fantástica merenda.

martes, 19 de mayo de 2015

Non á droga

Hoxe o alumnado de 6º asistiu a unha terceira charla- coloquio , na que se transmitiu a importancia de saber decir non en determinadas situacións nas que se poden atopar os nosos nen@s .
 A policía , de novo , encargouse desta actividade , cuxa finalidade é a de formar e informar á futura xuventude , explicando con claridade e rigor as consecuencias que se poden derivar do consumo das drogas.

lunes, 18 de mayo de 2015

ROTEIRO LITERARIO









Para festexar o "Días das letras galegas " , fixemos un percorrido literario polas rúas e prazas de Viveiro . Foi un acto organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro , e un nutrido grupo de escolares, mestres , pais e nais da nosa comunidade participamos nel .
Houbo música galega e recitados de poemas ; así como lectura de dous contos do homenaxeado este ano .



martes, 12 de mayo de 2015

Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro



Inauguramos hoxe a exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro . Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña .
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e , por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.

Nesta tarde que remata , o EEI San Roque ofreceunos Cocorico (Teatrillo de títeres )e co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas . Había libros para os avós , poemas de Rosalía , a ritmo de rap ,e arrolos para os máis pequenos. O arrecendo das bibliotecas invadiu a sala do Concello de Viveiro.

Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores , foi o turno do CEIP Pedrosa Latas , que dramatizou " O país dos mandóns" e O CEIP Pedro Caselles Rollán , que nos traían como proposta " Eu son Rosalía cando ..."

Neste tarde de xoves , o CEIP de Covas representou unha obra ( con moitas Matemáticas ) : " A matemática historia de cadrado e circuliña" , despois chegaron as Regueifas desde Cervo ( unha proposta moi , moi tradicional ) e , por último o CEP Lois Tobío , que nos trouxo " A vella do bosque " ( un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ) , " A vella a fiar " ( retahíla musicada) e , por último , a profe Rebeca fixo de excelente contacontos , narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título " A vella do bosque " .

Mañá chega o remate das actividades e clausuramos a exposición . Están encargadas de facelo os alumn@s dos institutos participantes : Vilar Ponte e María Sarmiento . Interpretarán cancións infantís e " La verbena de la paloma "

A vella do bosque from Bibliolois on Vimeo.

lunes, 11 de mayo de 2015

Animación á lectura

Hoxe estivemos na Biblioteca con Paula Carballeira . Todos os nen@s de 4º , mantendo moitísima atención , poideron disfrutar dunha magnífica sesión de contacontos.



Tamén os alumn@s de 1º e 2º participaron hoxe doutra estupenda sesión de animación , dirixida por Iago . " Augusta e os seus contos" . A intérprete axudouno , signando a actividade.


jueves, 7 de mayo de 2015

CAMIÑO DE SANTIAGO

Un camiño entre árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, bidueiras ,...


Un camiño refrescante, a carón do río Oribio e outros regatos pequenos. A auga , elemento de vida .


Arquitectura popular no camiño



Arquitectura monumental



Un camiño para a convivencia : pais/nais, mestres/as e nenos/as . Comunidade saudable .

Un camiño tamén para o lecer

martes, 5 de mayo de 2015

Lugo emprende

Unha magnífica exposición que , de seguro , será de utilidade ao noso alumnado . Reflexións que achegaron aos nen@s os conceptos de emprendedor /a , unha boa idea , innovación , inventos, ... e unha importante conclusión : " do día a día , poden sacarse ideas. " . Para rematar , xogaron a ser emprendedores , intentando buscar solucións a un problemma da vida cotiá .

miércoles, 29 de abril de 2015

Refraneiro de Cervo a Viveiro

Presentación do refraneiro

Presentación do refraneiro from Bibliolois on Vimeo.



Exposición no Colexio dos traballos aportados polas familias deste Centro .
Noraboa a todas e grazas. !






Diferentes grupos visitando a exposición






lunes, 27 de abril de 2015

Actividades no mes do libro


O escritor Xoán Neira estivo no cole ,co alumnado de 6º, para impartir unha charla na que explicou como facer diferentes xogos poéticos : palíndromos, caligramas, anagramas, ... e falar do seu libro " Un niño no xardín " .Foi un encontro de proveito , no que todos tiveron ocasión de preguntar e saciar as curiosidades que suscitou a lectura deste poemario .





Abraham Carreiro estivo no Colexio , impartindo un taller de ilustración para alumnado de 5º e 6º . Un verdadeiro luxo compartir con el o noso tempo .
Os nen@s aprenderon as características que marcaban os debuxos de distintos personaxes : malvados , bos, aparvados ,...Tamén como debuxar unha liña de movemento e a súa significación , as luces , sombras , tipos de bocadillos ,...

O alumnado tomou algúns apuntes e puxo en práctica algún consello , pero , sobre todo, ilusionouse descubrindo as posibilidades que ofrece o debuxo.