martes, 24 de febrero de 2015

Maratón de lectura 2015

Baixa a mirada atenta da foto de Rosalía , hoxe todo o alumnado pasou pola Biblioteca . Agasallamos á poeta cun fermoso ramo de rosas en papel . Visualizamos a presentación para saber máis da súa vida e obra e lemos poemas .
Quedan algunhas imaxes para o recordo :



dÍA DE rOSALÍA 2015 from Bibliolois on Vimeo.

O maratón continuou hoxe , coa participación do alumnado de 4º

lunes, 23 de febrero de 2015

Día de Rosalía

Mañá faremos unha homenaxe á poeta galega por excelencia . Reunidos todos os alumn@s , irán pasando pola biblioteca, organizados por niveis e celebraremos este día cun acto que consta de :
- visualización dunha presentación , elaborada polo equipo da biblioteca ,sobre Rosalía ( vida, obra, xogos, música,...)
- maratón lector de poemas da homenaxeada
- ofrenda floral de papel ( rosas para Rosalía )
- díptico impreso para seguir traballando na aula .

viernes, 13 de febrero de 2015

Entroido 2015

Tampouco a climatoloxía nos axudou para festexar hoxe o Entroido .Tivemos que estar no pavillón ; pero aínda así o alumnado disfrutou desta tradición e , por certo , cun toque moi científico e matemático .

martes, 10 de febrero de 2015

DÍA da PAZ 2015

Con bastante retraso , polas inclemencias deste inverno, hoxe celebramos o acto central desta festividade escolar.
Despois de traballar durante o mes de xaneiro en todas as titorías , baixo o lema de " Unha ponte pola PAZ" , reunímonos no patio , fronte ao muro do pavillón , para dar continuidade a un proxecto iniciado hai xa catro anos e que consiste en dar calor e color ao noso patio , colocando sobre os muros fermosos murais con imaxes e lemas de paz .
O mural vaise compoñendo a base de pequenas pezas que , elaboradas sobre chapa, se pintaron en distintas titorías do centro . Ao mesmo tempo , todo o alumnado reunido en torno a un escenario provisional , fai recitados, cancións , lecturas ou dramatizacións arredor da temática traballada previamente na aula.
Para rematar: profesorado, alumnado e familias constituímos unha ponte humana e fíxose unha solta de pombas que alzaron o voo portando mensaxes de paz , cantos de amizade , palabras agarimosas e moitos bicos .




Máis imaxes da celebración :

Diferentes momentos do acto ; desde o principio ata que , de maneira gradual , colocamos o mural " Unha ponte pola Paz"



Tamén podedes ver uns mini-videos con pequenos fragmentos da participación dalgunha titoría :

grupo de 2ºC from Bibliolois on Vimeo.


grupo de 2º B from Bibliolois on Vimeo.


grupo de 6ºB from Bibliolois on Vimeo.

Preparando a celebración da Paz

https://www.dropbox.com/sc/8v34yepivy7griw/AAB2r2P32yLLuMMZJF6ctQ9ca

Neste enlace , podedes ver imaxes da preparación na pista vermella para facer a ponte humana .

viernes, 6 de febrero de 2015

PUNTO DE LECTURA


O punto de lectura necesita unha reactivación.
En espera da mellora climatolóxica , o alumnado preparou fermosos carteis anunciando a próxima apertura . Xa temos colaboradores, novos xogos e libros, ... e un calendario de atención . Todo disposto para pasalo ben neste rincón . Podedes comprobar que entenderon moi ben os obxectivos dun anuncio .