martes, 12 de mayo de 2015

Exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro



Inauguramos hoxe a exposición conxunta : Refraneiro de Cervo a Viveiro . Nela participan as comunidades educativas e as bibliotecas dos colexios que configuran a microrrede de bibliotecas de A Mariña .
Cada curso aumenta a calidade e cantidade de traballos expostos e , por suposto, das actividades dinamizadoras que acompañan esta exposición.

Nesta tarde que remata , o EEI San Roque ofreceunos Cocorico (Teatrillo de títeres )e co CEIP Plurilingüe de Santa Rita de Galdo viaxamos cunha maleta cargada de libros para todos e todas . Había libros para os avós , poemas de Rosalía , a ritmo de rap ,e arrolos para os máis pequenos. O arrecendo das bibliotecas invadiu a sala do Concello de Viveiro.

Continuando coas actividades dinamizadoras : o mércores , foi o turno do CEIP Pedrosa Latas , que dramatizou " O país dos mandóns" e O CEIP Pedro Caselles Rollán , que nos traían como proposta " Eu son Rosalía cando ..."

Neste tarde de xoves , o CEIP de Covas representou unha obra ( con moitas Matemáticas ) : " A matemática historia de cadrado e circuliña" , despois chegaron as Regueifas desde Cervo ( unha proposta moi , moi tradicional ) e , por último o CEP Lois Tobío , que nos trouxo " A vella do bosque " ( un rap que nos conta outra historia de Carapuchiña ) , " A vella a fiar " ( retahíla musicada) e , por último , a profe Rebeca fixo de excelente contacontos , narrando esa historia que antes rapearon os nen@s e que levaba por título " A vella do bosque " .

Mañá chega o remate das actividades e clausuramos a exposición . Están encargadas de facelo os alumn@s dos institutos participantes : Vilar Ponte e María Sarmiento . Interpretarán cancións infantís e " La verbena de la paloma "

A vella do bosque from Bibliolois on Vimeo.