viernes, 27 de noviembre de 2015

A ciencia, o mar e a aprendizaxe



No marco das actividades que desenvolve a asociación A Mariña- Ortegal , destinadas a coñecer máis e mellor o mundo do mar e outros aspectos relacionados coa vida marítima , o alumnado de 4º visitou o museo do mar na localidade veciña de San Cibrao .
Despois montaron no colexio unha exposición de cunchas , coas que aprenderon sobre formas, tamaños, colores e outros matices que diferencian a cuncha de distintos animais mariños . Observación científica, clasificación e aprendizaxe que van da man neste traballo de praia.

Clasifico cunchas on PhotoPeach

lunes, 23 de noviembre de 2015

A túa banda vai ao cole

O pasado venres transformamos o espazo da biblioteca en salón de actos ( como outras moitas veces) e nel recibimos a un grupo de músicos da banda municipal de Viveiro que nos fixeron unha sesión moi amena na que mostraron diferentes instrumentos , distintos sons, formas variadas de facelos sonar e interpretaron bonitas melodías . Ademais a maioría deles foron antigos alumnos deste Colexio , o que supuxo un pracer aínda máis grande . Noraboa polo traballo .



para ver fotos aquí

miércoles, 4 de noviembre de 2015

MES DA CIENCIA EN GALEGO


Nada mellor para empezar o mes que un manifesto do científico Jorge Mira . 
Aparece recollido no blog das Bibliotecas escolares de Galicia :


 http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/



 

 Para un humano primitivo, un cadro de Picasso só sería un trapo,
untado con graxas de cores, e un libro de Rosalía de Castro, un montón
de papeis con manchas negras. Para nós iso xa non é así, por mor da
educación que recibimos, que nos fai posible percibir beleza nesas obras.
O universo tamén posúe, nas leis que o gobernan, unha beleza
extraordinaria. Pero non é doado percibila: vai agromando ao longo
da historia, grazas ao traballo de brillantes heroes e, ademais, está
agochada para aquela persoa non formada cientificamente.
O descubrimento desa beleza foi un feito clave na vida das persoas
que máis tarde decidiron traballar na ciencia. Marabilláronse con
ela e comprenderon que tanto descubrila como crear con base nela
son o meirande reto intelectual e unha fonte de pracer diferente.
Afortunadamente, con ese proceso de descubrimento e creación
melloraron as nosas condicións de vida. Un dos signos máis evidentes do
avance humano é o seu progreso científico e tecnolóxico.
Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre
a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”. Ese mesmo instinto é o que lanza
a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os
que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces
transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo
de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade
de persoas.
Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel
fundamental. O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de
historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de
persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente
a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en
Galicia.
Prezadas bibliotecas públicas e bibliotecas escolares de Galicia: grazas
por vos converterdes nas prazas públicas nas que isto se fará posible ao
longo do mes de novembro.
Texto do científico Jorge Mira Pérez
con motivo da celebración do Mes da Ciencia