miércoles, 21 de diciembre de 2016

CABALGATA NA RÚA E NADAL NO COLE

Hoxe viñeron os Reis Magos , fomos a buscalos ao pavillón polideportivo e desde alí acompañámolos en cabalgata ata o Colexio . Todo o aumnado de 1º,2º,5º e 6º participou neste desfile que contou con música , interpretada por alumnos e mestres , xogos populares, cariocas, cintas, moitos pastores, labregos e outros personaxes típicos desta época . O resto de nenos de 3º e 4º esperaron a súa chegada no Colexio e recibíronos con panxoliñas , danzas e , como en calquera festividade, tamén se deu lectura ao pregón , a cargo do alumnado de 6º .
Rematados os actos, os Reis fixeron entrega a cada neno dun bocadillo e do calendario feito no centro . Tamén houbo tempo para a conversación e facer entrega dunha multitude de cartas portadoras de ilusións e bos desexos.
Rematamos así este primeiro trimestre do curso , á espera dun ano novo cheo de vida e bos momentos.


E como repuxemos enerxía ao remate de todo !




martes, 20 de diciembre de 2016

Presentación do noso calendario na Biblioteca

Esta tarde tivo lugar na Biblioteca a presentación do noso calendario para pais/nais e mestres.
Se pinchas na foto , poderás ver o álbum

lunes, 19 de diciembre de 2016

O APALPADOR

Hoxe os nenos e nenas de Primeiro recibiron unha visita moi especial , a do Apalpador , ese personaxe característico que chega polo Nadal . Veu da man de residentes e traballadores de Geriatros , aos que agradecemos a súa achega á escola.



viernes, 16 de diciembre de 2016

PREGÓN DE NADAL




Ás portas das vacacións estamos esperando a chegada dos Reis en cabalgata o próximo 21 . Namentres ,os nenos de 6º temos preparado o pregón co que queremos abrir estas datas especiais desexando a nosa comunidade educativa un Bo Nadal .

jueves, 15 de diciembre de 2016

No mercadiño solidario

Hoxe pola mañá un grupo de mestres e alumnos do noso Colexio visitaron a Residencia Geriatros onde se celebraba un mercadiño solidario para recaudar fondos para o banco de alimentos . Ademais de contribuir con algúns produtos elaborados polos propios alumnos , tamén fixeron animación no mercado con música e danzas tradicionais de Galicia.Literatura, arte ,creación, convivencia ,.. unha experiencia máis que axuda a medrar .

COMPARTINDO EXPERIENCIAS



Estes días andan os alumnos de 5º e 6º presentando o calendario do vindeiro 2017 ao resto de compañeiros do Colexio : 1º, 2º, 3º, e 4º . Foi un traballo que fixeron eles e agora téñeno que explicar aos nenos das outras aulas. Constitúe un exercicio moi completo de expresión oral . Ademais contribúe a crear vínculos afectivos entre todo o alumnado , pois fomenta a interacción entre grupos.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

CALENDARIO 2017

O calendario para o vindeiro curso xa está preparado .Foi feito polo alumnado de 5º e 6º e chegará ás familias a través dos REIS MAGOS , que esperamos nos visiten o próximo día 21 . Agardamos que vos guste .


lunes, 12 de diciembre de 2016

Reciclaxe artística



Moitos dos nosos alumnos andan estes días a facer artísticas construcións e obxectos con material reciclado .
Cada quen busca o seu material e decide como transformalo e personalízalo .
Por outra banda , participamos no programa " Se separamos ben , reciclaremos mellor " . Aprendemos cousas novas e recordamos algunhas que xa sabíamos . É importante concienciarnos cada día da importancia do coidado do medio .

jueves, 8 de diciembre de 2016

No Día da constitución




  Os escolares de 3º e 4º recibiron hoxe a visita de  Jaime de Olano Vela. Foi unha sesión na que os nenos puideron descubrir como é o día a día dun diputado e achegarse tamén á Constitución .



jueves, 1 de diciembre de 2016

GUÍA DE LECTURAS PARA NADAL

A Biblioteca está cheíña de novidades . Disfrutade con elas e non esquezades pedir aos Reis un libro,  polo menos . Será un bo agasallo . Podedes botar unha ollada a esta guía que vos fai algunha suxerencia.




viernes, 25 de noviembre de 2016

Música pola igualdade


Hoxe os nenos e nenas do coro foron cantar ao  Colexio San Roque . Foi un acto pola igualdade . Compartiron unha xornada que tivo como protagonista á música , como instrumento conciliador, igualitario e vital.



Tamén se levaron a cabo outros traballos de reflexión nas aulas para dar visibilidade ao problema da violencia e dicir NON .

viernes, 11 de noviembre de 2016

De Magosto e Outono



Do magosto , dos froitos típicos do Outono , das características e costumes desta época do ano, ...
falou hoxe Carlos Nuevo , mestre do cole, para todos os nenos .
A presentación audiovisual mostra fermosas imaxes de moitas das cousas que nos contou, algunhas que recordamos e outras que nos sorprenderon .

miércoles, 2 de noviembre de 2016

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dispostos para pensar, observar, relacionar , analizar, ... Queremos ser científicos !

O equipo da Biblioteca , en colaboración con EDL, elaborou unha proposta de actividades para pensar e potenciar o espíritu crítico e emprendedor .
Na hora de ler , durante o mes de novembro, adicaremos uns minutos a resolvelas.






MANIFESTO de Isabel Aguirre De Urcola , co gallo do Mes da Ciencia .


“Solo el que sabe es libre, y el que más sabe es más libre”. Miguel de Unamuno
Encántame a definición da ciencia como un sistema de coñecementos
ordenados. Cando os nenos preguntan insistentemente, e ás veces
fastidiosamente, “por que?”, están establecendo as bases dos seus
coñecementos. Amplialos e ordenalos será unha tarefa que poderá
enriquecelos ao longo da súa vida. Porque unha das marabillas do
pracer de aprender é que nunca se termina de aprender.
Penso que todos nós deberiamos de ser conscientes de que construír
un futuro para o noso país é construír un futuro para o mundo, e esa
construción haberá de basearse na sabedoría daqueles que nos
precederon, pero tamén na daqueles que están a traballar, a investigar e
a descubrir todos os días.
Os coñecementos científicos marcan a historia da humanidade no seu
sentido máis amplo, xa que esta non podería entenderse se non o fose
dende o desenvolvemento da tecnoloxía baseada sempre na ciencia:
dende a agricultura á máquina de vapor e aos voos espaciais.
Ao tempo, os humanos temos un instrumento único para á transmisión
do coñecemento: a linguaxe. Unha linguaxe diversa e rica ao longo do
mundo e que para os galegos é especialmente vantaxosa, xa que, unida
ao noso irmán o portugués, podémonos entender con 280 millóns de
habitantes, e aínda máis, cos 400 millóns que falan español. Somos ricos
en número, está claro, pero ademais somos ricos en matices, en xiros, en
sutilezas. Esta riqueza da nosa lingua estou certa de que nos axuda a ver
o mundo dende a reflexión e a dúbida. Non é acaso esta actitude a clave
para nos aproximar ao coñecemento?
A globalización na que vivimos é tamén outra enorme vantaxe para
achegarnos ao coñecemento. Un coñecemento que está recollido
basicamente na inxente bagaxe das nosas bibliotecas, a día de hoxe
moitas delas públicas, e tamén, e cada vez máis, dende a facilidade das
comunicacións informáticas. Hoxe vivimos en Galicia, e dende Galicia
vivimos no mundo.
Isabel Aguirre de Urcola
Arquitecta
Novembro 2016




Outros traballos do noso alumnado :

murais, debuxos , ...



E traballos de observación ,recollida de datos , ... no noso xardín meteorolóxico . Despois na aula fanse gráficas e outras aplicacións prácticas .

jueves, 27 de octubre de 2016

Castelao - No día da Biblioteca



Con motivo do lema das bibliotecas escolares " Territorio das artes " , o alumnado de 6º elaborou unha breve biografía sobre Castelao e compartiuna co resto dos compañeiros , tratando de dar a coñecer e afondar un pouquiño na figura dun artista de sempre e para sempre.
Tamén se difundiron moitas das imaxes do álbum Nós e , despois de velas e entendelas , os nenos e nenas dos distintos cursos recrearon e interpretaron os seus debuxos e montamos unha exposición .

martes, 25 de octubre de 2016

Aprendendo a convivir

Hoxe empezamos as charlas didácticas para aprender a defendernos contra o acoso escolar , verdadeiras leccións de convivencia que invitan á reflexión e á loita para erradicar estas condutas.
A Policía nacional , á que agradecemos a súa colaboración , está sendo a encargada desta actividade.





viernes, 14 de octubre de 2016

Un xornal novedoso e infantil

O PAPAGAIO

Xornal infantil , con variadas temáticas , lectura amena e moi instrutiva . Está dirixido por Abraham Carreiro e xa temos connosco o nº 1 . Aproveitádeo na Biblioteca. Recordade que podedes ir no recreo dos mércores e venres.
Aquí tes algunha imaxe para abrir boca :



Na seguinte ligazón descubrirás o papagaio que te agarda na Biblio.

https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html

lunes, 10 de octubre de 2016

FORMANDO USUARIOS

De forma xa tradicional , a principios de curso facemos unha primeira sesión de formación de usuarios . É un tempo que dedicamos a iniciarnos ou afondar no coñecemento do espazo de Biblioteca e os seus fondos e outras posibilidades. Os nenos aprenden a localizar libros, entender normas de uso , ler etiquetas, ... e os maiores de 5º e 6º aprender a acceder ao catálogo de fondos desde a web do cole e ver as posibilidades que ofrece.

formación usuarios on PhotoPeach

viernes, 30 de septiembre de 2016

As mochilas viaxan a túa casa - curso 2016-2017




Hoxe saíron do cole , cargadas con fondos da biblioteca para ler e compartir en familia.

Ollade o inventario


martes, 6 de septiembre de 2016

TERRITORIO DAS ARTES

Curso 2016- 2017 


Lema suxerente elexido para guiar o traballo nas nosas bibliotecas no presente curso. Imaxe creada por Minia Regos que convida explorar nos diferentes mundos artísticos.

miércoles, 22 de junio de 2016

IV MERCADO ECOLÓXICO

O noso proxecto de alimentación saudable e algo de historia remata hoxe cunha última tarefa : o noso mercado .Moitas actividades das realizadas ao longo do ano : os cultivos e coidados no horto , o estudo da produción , elaboración , transformación e aproveitamento dos alimentos , os oficios relacionados , a importancia da auga, a reciclaxe ,...transfórmanse hoxe nun produto educativo Todo o patio se convirte nun enorme mercado no que: - damos saída a nosa colleita - tamén mostramos o que aprendemos sobre diferentes alimentos, - ensinamos aspectos lúdicos que aparecen neste tipo de eventos,facendo animación musical e festiva - facemos obradoiros artesanais , - volvemos a vista á historia para facelo máis atractivo e aprender dos oficios que xa case están en desuso - as mamás , de maneira moi xenerosa , encárganse dos obradoiros de cociña Toda a comunidade arredor dunha actuación colectiva , chea de aprendizaxes significativas.




 
As abellas e o mel


Pica en MERCADO 








lunes, 20 de junio de 2016

Convivencia

Xa na recta final do curso , hoxe foi un día de convivencia especialmente bonito.
Pola mañá, visitáronnos os nenos do San Roque . Viñeron para coñecer o que será o seu centro educativo a partires do vindeiro ano académico . Compartiron o tempo cos nenos de 1º:


  • xogaron de maneira conxunta
  • visitaron os espazos do cole e do patio 
  • merendaron
  • na aula de Música escoitaron e viron a interpretación dun romance , ...entre outras actividades.   
En todo momento , ademais dos nenos de primeiro , estiveron acompañados e guiados polos alumnos de 6º. 




  ÁLBUM DE FOTOS



Xa pola tarde , a Biblioteca acolleu o acto de despedida do alumnado de 6º .
  • As mestras titoras dedicáronlle unhas palabras aos nenos 
  • Tamén o alumnado tivo palabras de agradecemento para a comunidade educativa. 
  • Entregáronse as orlas , xunto cun libriño recompilatorio do que foi a súa despedida no Colexio. 
  • Visionaron unha presentación de fotos que percorría , moi a grandes rasgos,  distintos momentos e cursos do que foi o seu paso por este colexio.   
Felicidades a todos 


Pica na foto para ver ÁLBUM

https://goo.gl/photos/qEQP3fmYV6WfJ6yf6

domingo, 19 de junio de 2016

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2016


Xa no remate do curso , deixamos unhas recomendacións lectoras . Non esquezades que a diversión tamén se atopa nun libro.


jueves, 9 de junio de 2016

Ledicia Costas




Hoxe recibimos con moito agarimo a Ledicia Costas . Estivo cos nenos e nenas de 6º que leron " Escarlatina, a cociñeira defunta" .
Foi un pracer  a súa obra e a súa presenza. 



lunes, 6 de junio de 2016

Navega con rumbo



Charla- obradoiro que axuda aos noso escolares no bo uso das tecnoloxías da comunicación . Advirte dos perigos e aconsella facer un uso correcto das mesmas.

viernes, 3 de junio de 2016

A fábrica dos contos

Da man de Erica González Miguel , os nenos e nenas de 1º e 2º traballaron na Biblioteca, na sala de Catapunchimpun , nunha xornada na que tiveron que exercer de axudantes da produtora Trastupita para que a fábrica dos contos non se tivera que pechar debido ás vacacións.Pica para ver imaxes

                             fotos 

lunes, 30 de mayo de 2016

APADRIÑAMENTO CORAL

O coro cada curso vaise renovando coa entrada dos nenos e nenas de terceiro e a saída dos de sexto. Hoxe visitaron a Residencia Betania e nela o alumnado de sexto e o resto de compoñentes actuaron como padriños e madriñas dos de segundo que pasarán no vindeiro curso a formar parte da agrupación . Por primeira vez este grupiño de pequerrechos xa subiron ao escenario para disfrutar interpretando composicións variadas que compartiron cos pais, familiares, amigos e os anciáns da Residencia.

miércoles, 25 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS

O festival das letras Galegas deu comezo onte pola tarde ; terá continuidade na tarde de hoxe e na de mañá . Participan todos os grupos do Colexio . Hai teatro, música,danza,recitados , biografía novelada, cantigas para sortear,saltar,xogar,..., adaptacións de obras do autor homenaxeado ("O bigote de Mimí" e " Aventuras dunha espiña chamada Berenguela" ) . Van quedando algunhas imaxes


A nosa intérprete, Nerea, fixo posible que as mensaxes chegaran a todas as persoas con discapacidade auditiva.

miércoles, 18 de mayo de 2016

Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela


Xornada que pon fin a unha semana de cultura, de tradición , de lectura e de homenaxe ao poeta MANUEL MARÍA. É un dos poetas que mellor describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os milagres da natureza , a importancia da Lingua. Imos na busca de lectores que interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...Agradecemento tamén a unha Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.

De seguido imos coa obra : “ Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”

Berenguela é unha humilde espiña de toxo que se atopa coa arrogante folla de carballo e intenta xogar con ela no parque dunha pequena cidade. Pero...só atopa problemas . A solución chega da man do espíritu do monte que a devolve ao seu hábitat onde por fin se sente LIBRE.

viernes, 13 de mayo de 2016

Intercambio de experiencias entre aulas e niveis

O alumnado de 5º e 6º , despois de facer a etapa do camiño Norte Lourenzá- Mondoñedo, completaron unha presentación e convidaron aos alumnos de 3º e 4º para facer a exposición do visto e aprendido. Unha actividade de busca, expresión oral e comunicación moi interesante .

martes, 10 de mayo de 2016

Exposición conxunta - Microrrede A Mariña

A semana da exposición conxunta chegou .Unha ducia de centros participantes no presente curso. Traballo , ilusión, esforzo e sobre todo ... ANIMACIÓN .


Variedade, singularidade, interpretación ,...A obra de Manuel María dá para moito . Ademais da exposición , as actividades de animación á lectura que presentan os escolares e mestres dos Colexios participantes comezaron hoxe. De todo:

música, danza,recitados,teatro,contos,...

Vou deixando algunha imaxe. 

 





máis información ENLACE

  E.. novas actuacións