miércoles, 17 de febrero de 2016

II Semana de reparto de froita

Estamos na segunda semana de reparto e , acompañando ao consumo de froita no recreo , facemos unha chea de actividades:
 -Lectura do libro : " Os Bolechas fan unha merenda vexetal" . ( agasallo da Consellería )
 -Visualización dunha presentación audiovisual baseada no libro xa mencionado , con pequenas variantes e algunhas aportacións propias. Fixemos unha adaptación . -Díptico de actividades relativas ao aprendido na semana


Día de Rosalía - 24 de febreiro











Proposta de actividades para esta conmemoración :


-Visualización da presentación sobre a vida e obra desta autora








Elaboración dunha postal rosaliana , en consonancia coa proposta enviada desde a AELG , pero con algunhas variantes . Este traballo consiste en :
- ler en aula algúns poemas da súa obra para que cada alumno/a escolla 4 ou 6 versos que deberá copiar na súa postal e facer unha ilustración que describa a significación dos mesmos e as sensacións que lle provoca a súa lectura.
- unha vez rematada a postal , pode levala á casa e depositala no buzón , facéndoa chegar así aos seus familiares o 24 de febreiro como agasallo conmemorativo .



Coincidindo co Día de Rosalía , fíxose entrega na biblioteca dos premios do "Concurso de cómic en galego" , convocado por EDL








Despois da realización das actividades de aula , recollemos algunha imaxe

viernes, 5 de febrero de 2016

Entroido 2016

O Entroido chegou hoxe á escola. Con esta celebración fixemos un percorrido no tempo, viaxando a través da historia,estudando no pasado e na diversidade de civilizacións .
Entroido 2016 on PhotoPeach
Entroido 2016 on PhotoPeach Entroido 2016 on PhotoPeach Entroido 2016 on PhotoPeach


E despois de festexar o Entroido , montamos unha exposición para dar unha volta e aprender das diferentes civilizacións :
tipos de vivendas, monumentos , vestimentas e outros costumes.