jueves, 31 de marzo de 2016

AUGA E ÁRBORES

Para sensibilizar da importancia de coidar as árbores e de conservar as riquezas acuíferas celebramos , ao longo da última semana do trimestre pasado e desta primeira da terceira avaliación,  unha serie de actividades:


  • Murales feitos cos libros cos que nos agasallou a Diputación de Lugo
  • Mandalas da auga
  • Plantacións e rotulación de árbores no patio
  • Lecturas e obradoiros de escritura para achegar e profundizar no coñecemento destos bens. 
  • Finalmente cada alumno levou o libro - agasallo :

    " O castiñeiro dos desexos" 

    " Érase unha vez un castiñeiro"






Textos de diferente tipoloxía están redactados por nenos e nenas de 5º que despois os leron para os seus compañeiros.



jueves, 17 de marzo de 2016

XOGOS POPULARES

Ao remate do segundo trimestre , como vén sendo habitual , temos unha xornada de xogos tradicionais , complementada cun bocata saudable .
Trátase de promover hábitos de exercicio, alimentación e recuperación e conservación das tradicións . Un patrimonio inmaterial que debemos conservar e transmitir.
Xa están expostos os materiais que mañá saírán ao patio , formando un circuíto que percorreremos para levar a cabo unha actividade lúdica e didáctica , na que nenos, pais e mestres xogaremos con materiais sinxelos, de fabricación caseira , baixo custe e que ofrecen oportunidades para poñer en práctica diferentes habilidades motrices e mentais.



Cada neno /a leva a súa pegatina para a promoción desta actividade lúdica . Realizada co deseño dunha alumna de 6º


DÍA DOS XOGOS on PhotoPeach
Día dos xogos on PhotoPeach
Día dos xogos on PhotoPeach

viernes, 11 de marzo de 2016

Día da muller traballadora

En homenaxe á muller traballadora, o Concello convocou un concurso - exposición de debuxo , no que participaron alumnos de 3º,4º,5º,e 6º.Cada nivel aportaba cinco debuxos á exposición . Con todos os restantes , elaborouse un mural que contribúe á sensibilización do alumnado coa temática. Os nosos nenos ven ás súas mamás así de traballadoras.