martes, 19 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

En homenaxe a Cervantes , as distintas aulas están traballando para dar a coñecer a súa obra .Entre os moitos recursos que podemos empregar , resulta atractivo e asequible para o noso alumnado o enlace que aparece debaixo da imaxe





http://nea.educastur.princast.es/quixote/

Autores:
Néstor Alonso Arruquero
Fernando Posada Prieto

Díptico do Día mundial do libro , co texto de Pedro Feijoo.
Bibliotecas escolares de Galicia

Os nenos e nenas de 5º fixeron un breve achegamento á obra de Cervantes , a través dun pequeno traballo de investigación e tratamento da información .

Coincidindo con esta efeméride , o alumnado que resultou premiado nos concursos de fotografía e pintura , organizados polo EDL , recibiron na Biblioteca os seus agasallos .

Premios concursos fotografía e pintura DÍA DO LIBRO
Fai clik na imaxe para ver todas as fotos
Outro dos materiais propostos pola biblioteca para o traballo desde as titorías :



As diferentes titorías traballaron na construción do mural que representa unha paisaxe de Castela e os catro personaxes máis importantes da obra.

Un grupo de alumnos de 6º animáronse a escribir poemas inspirados na figura do famoso Rocinante

viernes, 15 de abril de 2016

Os soños de Manuel María

Enmarcado no proxecto anual da microrrede da Mariña , no presente curso a proposta enviada ás familias e titorías foi a de interpretar de maneira plástica a obra poética de Manuel María . Os distintos Colexios participantes tratamos de abordar diferentes aspectos desta figura intelectual e da súa obra. Nunha primeira fase, a exposición de traballos faise na Biblioteca do centro


 
En torno a Manuel María xira a nosa exposición no presente curso , pois engarza perfectamente co obxectivo de recuperar a memoria tradicional.
É un dos poetas que mellor describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os miragres da natureza , a importancia da Lingua.
Imos na busca de lectores que interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...
Agradecemento tamén a unha Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.






miércoles, 13 de abril de 2016

O parque dos meus xogos - concursos de poesía e fotografía

Organizado polo EDL , neste mes dos libros, celébranse os concursos de poesía e fotografía , baixo o lema " O parque dos meus xogos" .
Aquí deixamos algunhas imaxes das composicións presentadas.

martes, 12 de abril de 2016

O CORO, de visita en GERIATROS

A residencia Geriatros recibiu onte pola tarde a visita dos nenos e nenas do coro do Colexio . Está formado por voluntarios, lectores e cantores, de 3º, 4º, 5º e 6º . O seu repertorio componse de romances, pezas populares, cancións infantís, música tradicional e incorporaron ao repertorio neste curso e , xa que se achegan datas significativas para os nosas LETRAS , dúas compososicións con poemas de Manuel María :

O CARRO

O CUCO .

Unha actividade que conxuga a música, a literatura, a lectura, a solidariedade, o traballo colaborativo , ....


jueves, 7 de abril de 2016

APRENDIZAXES SIGNIFICATIVAS

Despois da xornada dedicada aos Xogos populares , o alumnado de 5º e 6º transformou, sacou conclusións ,vinculou as vivencias e os traballos de aula,e puxo en práctica os seus coñecementos das diferentes materias do curriculo a través dos xogos .
Para mostra esta recompilación de fichas didácticas.

martes, 5 de abril de 2016

PINTURA: MARUJA MALLO e PICASSO

O cubismo do mestre Picasso e a nosa pintora , Maruja Mallo , reproducidos polos nenos e nenas de 6º .

Formación de usuarios nas redes sociais

A Policía Nacional impartiu unha charla moi interesante para que os nenos e nenas de 5º aprendan a camiñar pola rede , aproveitando as súas ventaxas , pero sempre con seguridade ; autoprotexéndose dos riscos . Para esta actividade axudáronse cunha presentación audiovisual .
Moitas grazas, Pablo . Como sempre , moi claro e moi ben .