viernes, 15 de abril de 2016

Os soños de Manuel María

Enmarcado no proxecto anual da microrrede da Mariña , no presente curso a proposta enviada ás familias e titorías foi a de interpretar de maneira plástica a obra poética de Manuel María . Os distintos Colexios participantes tratamos de abordar diferentes aspectos desta figura intelectual e da súa obra. Nunha primeira fase, a exposición de traballos faise na Biblioteca do centro


 
En torno a Manuel María xira a nosa exposición no presente curso , pois engarza perfectamente co obxectivo de recuperar a memoria tradicional.
É un dos poetas que mellor describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os miragres da natureza , a importancia da Lingua.
Imos na busca de lectores que interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...
Agradecemento tamén a unha Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.