miércoles, 18 de mayo de 2016

Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela


Xornada que pon fin a unha semana de cultura, de tradición , de lectura e de homenaxe ao poeta MANUEL MARÍA. É un dos poetas que mellor describe as tradicións do mundo rural galego, a nosa paisaxe , os milagres da natureza , a importancia da Lingua. Imos na busca de lectores que interpreten e reinterpreten a obra de Manuel María , sentindo e facéndonos sentir agradecemento a unha Terra que baña os nosos sentidos , impregnándoos do salitre mariñeiro, do verdor das nosas fragas, do canto do cuco, do frescor dos ríos e manantiais, ...Agradecemento tamén a unha Terra que progresa , que acolle, que ensina e que vive.

De seguido imos coa obra : “ Aventuras e desventuras dunha espiña chamada Berenguela”

Berenguela é unha humilde espiña de toxo que se atopa coa arrogante folla de carballo e intenta xogar con ela no parque dunha pequena cidade. Pero...só atopa problemas . A solución chega da man do espíritu do monte que a devolve ao seu hábitat onde por fin se sente LIBRE.