jueves, 9 de febrero de 2017

Semana de froita

Semana de froita , recreo saudable , actividade  de sensibilización a favor dunha alimentación sana. Cada aula de 5º e 6º recibiu a un grupo dos máis pequenos de 1º e 2º . Así , presentaron esta nova campaña , facendo uso do traballo elaborado por eles mesmos e experimentando unha vez máis coas súas habilidades para a expresión oral, a exposición de contidos, o achegamento aos compañeiros , etc. Antes de despedirse , os maiores agasallaron aos pequenos cun mini- caderno de actividades, unha pegatina e un puzzle . Actividades que eles mesmos diseñaron coa axuda das novas  tecnoloxías. 


martes, 7 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA



Caracterizámonos de Rosalía , recitamos a Rosalía , descubrimos o seu carácter, o seu arte e compartimos os seus versos en familia , como amosan algunhas imaxes.

Tamén xogamos con ela facendo acrósticos , escollendo versos fermosos e significativos , recoñecendo os lugares onde pasou a súa vida e buscamos palabras bonitas na súa obra.













Recitado Rosalía 2 Nacín cando as plantas nacen from Bibliolois on Vimeo.

Recitamos a Rosalía from Bibliolois on Vimeo.



Recitado Rosalía Campanas de Bastabales from Bibliolois on Vimeo.