jueves, 30 de marzo de 2017

Presentación do libro " El pescador de estrellas"

Onte pola tarde tivo lugar no Conservatorio de Música de Viveiro a presentación do libro " El pescador de estrellas " , da autoría de Domingo Del Prado . Trátase dun libro que ensina valores fundamentais na vida. O noso coro colaborou neste acto , facendo patente o feito de conectar escola e vida social.

miércoles, 29 de marzo de 2017

O coro no festival benéfico en Bravos



O noso coro participou o pasado venres nun festival benéfico , a favor do pobo saharaui ,xunto con outras formacións corais de adultos. O coro do Colexio é un espazo cultural de encontro e convivencia.

martes, 21 de marzo de 2017

Día do arte galego

Andamos preparando as actividades para conmemorar O Día das Artes Galegas , adicado este ano a Maruja Mallo .A proposta foi elaborada desde o equipo de Dinamización da mellora educativa e imos colaborar todos, mestres e nenos , na difusión desta figura artística, muller transgresora , anticipada no tempo, dinámica, revolucionaria , vangardista, ... e unha das figuras máis importantes da xeración do 27.

- Contamos cunha presentación audiovisual , que resume a súa vida e obra .
- Elaboramos un puzzle xigante , que recrea unha das súas obras. Pura xeometría , coa que andan os nenos a xogar nestes días , intentando facer encaixar os polígonos que dan forma ao traballo.
- Levaremos a cabo un roteiro artístico por Viveiro , guiados polo mestre e cronista oficial Carlos Nuevo Cal , que vai comezar no Colexio , diante do puzzle que se colocará nunha das paredes exteriores e continuará polo pobo , onde o alumnado vai descubrir a casa natal da pintora e outras construccións emblemáticas do momento.

Exposición conxunta - Mes das Letras

Queridas familias : estades todas convidadas á participar na exposición " A Mariña con moito arte " , traballo colaborativo dos centros escolares de Viveiro e outras zonas da nosa comarca.



Aquí deixamos algún texto , a modo de exemplo, para o traballo de Viveiro monumental ( " A Mariña con moito arte " )

lunes, 20 de marzo de 2017

CONCURSO DE DEBUXO " A NAI TRABALLADORA"

Con motivo da celebración do" Día da muller " algúns escolares do noso centro participaron nun concurso de debuxo , organizado polo Concello de Viveiro , cuio obxectivo foi poñer en valor a importancia da muller .
Resultaron premiados catro alumnos , pero é que ademais puidemos ver unha exposición chea de creatividade e que reflexaba artísticamente os sentimentos e as emocións que experimentan os nenos e nenas cando se paran a pensar no labor que fan as súas nais , dentro e fóra do fogar.


miércoles, 15 de marzo de 2017

MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA



Mes de árbores, auga, poesía ,...
Desde o equipo de biblioteca preparamos actividades literarias para acompañar ás celebracións do Día da árbore e a auga e o Día da Poesía. Queremos neste curso, no que se celebra o centenario do seu nacemento, facer unha pequena homenaxe á escritora Gloria Fuertes.
Ela adicou unha grande parte da súa vida e a súa obra aos nenos. Cantou á natureza, á inxusticia social, ... con alegría, imaxinación, musicalidade. Tamén recordamos a Eduardo Pondal no centenario da súa morte. Eles fan de guía neste mes para traballar a poesía nas aulas.



MES DA POESÍA, AS ÁRBORES E A AUGA de bibliolois

Outras actividades que se fixeron durante estos días :
-Participamos na campaña organizada pola Deputación de Lugo que nos agasallou cuns ameneiros que xa están a medrar no patio e un libro fermoso para cada alumno. 
- Plantacións doutras árbores no espazo de xardín , murais, saídas ao entorno , recolección de follas , coas que os alumnos de primeiro e segundo montaron un herbario  ,..