lunes, 29 de mayo de 2017

O coro - voluntariado que goza e comparte arte

Unha nova xornada na que o coro estivo en Betania para compartir a tarde cos nosos maiores , interpretando as súas cancións infantís, populares,... . Música,danza, xogo , valores , traballo cooperativo ,...

Formación de usuarios en rede

Navega con Rumbo é unha iniciativa para colaborar cos Colexios nunha educación preparatoria para o uso adecuado de Internet , é dicir axudar a navegar con tino, evitando riscos e de forma segura. Na mañá de hoxe estiveron co noso alumnado de 6º .

martes, 23 de mayo de 2017

EU=QUE TI



Baixo este lema traballaron ao longo do curso , en diferentes semanas, con todos os grupos do Colexio , a Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais de Viveiro .
Verdadeiras leccións de convivencia e valores cívicos e sociais. Trátase de sensibilizar e potenciar a actividade dos nenos e da xuventude na construción dunha sociedade mellor.

lunes, 22 de mayo de 2017

Semana cultural das Nosas Letras


Esta vai ser a semana na que durante tres tardes consecutivas , en horario extraescolar, todo o alumnado deste Centro , xunto con mestres e pais van ao teatro Pastor Díaz a render homenaxe á nosa cultura . Este ano ,con especial adicación ao autor homenaxeado , pero en xeral traballando as nosas letras, a cultura, a música, a tradicións,... e todo expresado artísticamente . Un esforzo por parte de todos que agardamos que vos guste.
O alumnado de 6º investigou sobre Casares e fixo este pequeno resumo



o noso programa de actividades :

viernes, 12 de mayo de 2017

Artístico mes das flores



O coro do Colexio compartiu unha xornada adicada aos Maios en Geriatros , nun encontro interxeracional de convivencia e valores de formación humana ; sendo a música e a danza o vehículo de comunicación e expresión artística.

jueves, 11 de mayo de 2017

Exposición colectiva "A Mariña con moita arte"



Hoxe tiveron lugar , na Praza Maior de Viveiro ,os actos de clausura da exposición de traballos artísticos elaborados por escolares de trece centros diferentes da nosa comarca e que están a formar parte da Microrrede A Mariña de bibliotecas escolares.

A xornada de hoxe puxo fin a unha semana de exposicións e outras actividades dinamizadoras.As diferentes artes estiveron presentes para dar forma e color a unha mostra de traballos escolares que fomentan o uso e pracer da lectura en familia , invitándonos a entrar nun mundo de soños sen límite , como escoitamos hoxe no discurso que pechou o acto .
Tamén as actividades dinamizadoras que se levaron a cabo amosaron moito arte , en forma de música . Así poidemos escoitar as voces dos máis pequechos na inauguración e dos maiores na clausura , facendo unha homenaxe a Maruja Mallo , á música popular , Bob Dylan e a Eduardo Pondal.
Contamos tamén co espectáculo do Brinca Vai no teatro Pastor Díaz .

Noraboa a todas as familias participantes e ás comunidades educativas en xeral .